Con motivo do Día Escolar da Paz e da Non Violencia, o noso centro celebrou unha Carreira Solidaria en colaboración con Save the Children, unha actividade chea de enerxía, compañeirismo e solidariedade.
Durante a xornada, o alumnado participou con ilusión nesta carreira simbólica, demostrando que cada paso conta cando se corre por unha boa causa. O obxectivo foi recaudar fondos para apoiar os proxectos de Save the Children, que traballa para garantir os dereitos da infancia en situacións de pobreza, conflito e emerxencia en todo o mundo.
Máis alá do aspecto deportivo, esta actividade permitiunos reflexionar sobre valores fundamentais como a paz, a igualdade, a empatía e a cooperación. Correr xuntos lembrounos que, unidos, podemos contribuír a construír un mundo máis xusto e solidario.
Desde o centro queremos agradecer a participación do alumnado, do profesorado e das familias, así como o seu compromiso con esta iniciativa. Grazas a todos e todas por demostrar que a educación tamén se constrúe con xestos solidarios.
Porque educar na paz é educar en valores. 💙