Ánimo rapaces! Imos a polas semis!
Para acceder premede AQUÍ
Benvidos ao resumo desta semana tan intensa: o luns comezamos dándolle
a Infante as nosas reportaxes e biografías. Este mesmo día celebramos Saint Patrick’s day e fabricamos unhas preciosas máscaras de leprecauns, chapeus e ata
un photocall, tamén coñecimos a súa interesante historia.
O martes demos por comezada a nova unidade de inglés e Infante deunos unha
charla sobre a serendipia e de onde veu.
O mércores entregaron os exames de lengua e puxemos rumbo ao IFEVI para xogar
con outros colexios ao voley.
O xoves comezamos a mañá dando clase e non foi ata a terceira hora cando
organizamos a gymkanas e coñecimos que o xoves era o día da felicidade, e foi
nese instante cando apareceu Pablo, un policía local que nos deu unha charla
sobre a educacion viaria e nos deu uns bos consellos de vida e continuamos con
matemáticas.
Por último, o venres veu Rocío, unha moza das actividades sociais que nos
ensinou como afrontar un conflito. En E.F. comezamos o ténis callexeiro e Luisa
plantexounos o próximo proxectos, despois do recreo dimos mates e música e antes
de sair tódolos nenos estaban ansiosos xa que publicaban as notas.
Feito por Nora e
Uxía
¡Hola a todos! Onte tivemos unha experiencia xenial grazas ao
programa Xogade, da Xunta de Galicia.
Participamos nunha xornada con moitos outros colexios e
fixemos un montón de actividades deportivas, e o máis importante, convivimos,
coñecemos xente nova e traballamos en equipo.
Aprendemos que o deporte non só é correr ou gañar, senón
tamén compartir, animar e dar o mellor de nós mesmos.
Seguiremos adestrando, xogando e convivindo… porque así
tamén se aprende!
— A nosa tripulación de 6º, A Celtic Crew
Foi unha semana moi
intensa, chea de exames para rematar o trimestre.
O xoves, volvemos
das vacacións do Entroido, cunha visita inesperada dun policía chamado Antonio,
falounos da importancia do bo uso da tecnoloxía, ensinándonos casos extremos de
persoas que fixeron un mal uso da Internet. Tamén viñeron (outra vez) as chicas
da STEAM. E rematamos cunha interesante clase
sobre a costa da compañeira Candela.
O venres, Lucas R deunos
a súa clase de Sociais que foi unha das últimas. Despois o mestre Dani e a súa
compañeira en prácticas, Sara ensináronnos un baile tradicional e, bailámolo
alegremente.
O luns foi un día
moi tranquilo, xa que Nora e Antía, nos deron a súa clase final, e fixemos un
repaso da unidade 6 de matemáticas.
O martes Lucas R explicou
outra clase para o ECOpreguntoiro e ademáis, sucedeu un conflito na clase e
solucionámolo facendo unha charla sobre o respecto. Tamén realizamos o esperado exame de Matemáticas.
O mércores comezamos
preparando o exame do ECOpreguntoiro sobre Natu e Soci e tivemos o exame, (perdón,
reto) de Lingua Galega.
O xoves unha muller
chamada María traballou con nós o como nos vemos e o como nos ve a xente. Rematamos recibindo as notas dos
exames de mates e lingua.
O venres veu (outra
vez) María, a dar unha sesión sobre as
nosas habilidades sociales, na que traballamos a autoestima e as emocións. E ademais
en Educación Física xogamos a partidos de voleyball.
Candela e Abi
Saint
Patrick’s Day
Yesterday
morning, the 6th-grade primary class worked on activities related to Saint
Patrick’s Day.
They
watched a presentation about the history of this celebration and learned some
grammar along the way.
Then, the
students created a photocall with lots of decorations related to Saint
Patrick’s Day. The 6th-grade pupils made shamrocks, hats, masks, and even a banner—it
was beautiful!
Later, The
Celtic Crew took a group photo with all their creations. After that, the
trainee teacher invited all the classes to take pictures with the decorations
and enjoy this exciting day together.
So…
🎉 HAPPY SAINT PATRICK’S DAY! ☘️🎩
Post made by Nora, Candela, Lucas and Antía.
🔎 O que imos aprender:
✅ Accións que podemos facer para axudar o medio
ambiente.
✅ Como
dar consellos e falar de obrigas en inglés.
✅
Vocabulario clave sobre reciclaxe, contaminación e sostibilidade.
✅ Expresións útiles
para falar sobre os recursos naturais e o consumo responsable.
📚 Estruturas
gramaticais importantes:
1️"Should" e "Shouldn’t" para
dar consellos
🔹 We should recycle paper and
plastic. (Debemos reciclar papel e plástico.)
🔹
You shouldn’t waste water. (Non deberías desperdiciar auga.)
2️ "Have to" e "Don’t have to"
para falar de obrigas
🔹 We have to turn off the lights
when we leave a room. (Temos que apagar as luces
cando saímos dunha habitación.)
🔹 You don’t have to buy new
clothes; you can swap them. (Non tes que mercar
roupa nova; podes intercambiala.)
3️Expresións de cantidades: "Too much",
"Too many" e "Enough"
🔹 There is too much rubbish in the
streets. (Hai demasiado lixo nas rúas.)
🔹
We don’t have enough recycling bins. (Non temos suficientes colectores
de reciclaxe.)
🗣️ Vocabulario clave
💚 Accións ambientais:
♻️ Recycle
(reciclar)
♻️ Reuse
(reutilizar)
♻️ Reduce
(reducir)
⚡ Turn
off (apagar)
🚮
Pick up litter (recoller lixo)
🚯
Drop litter (tirar lixo)
💧
Waste (desperdiciar)
🔄
Swap (intercambiar)
🛍️ Obxectos e materiais:
🔵
Plastic (plástico)
📄
Paper (papel)
🍾
Glass (vidro)
🔩
Metal (metal)
🗑️
Rubbish (lixo)
👕
Clothes (roupa)
📢 Expresións
útiles para a vida diaria:
💡 Turn off the lights (Apaga as luces.)
🚮 Pick up litter (Recolle o lixo.)
🚯 Drop litter (Non tires lixo ao chan.)
💦 Waste water (Desperdiciar auga.)
👕
Swap clothes (Intercambiar roupa.)
🍾
Reuse glass (Reutilizar vidro.)
🔥 Agora tócache a ti!
💡 Durante as próximas clases, practicaremos estes contidos
con xogos, diálogos e actividades para asegurarnos de que todos os comprendemos
ben. A clave está en usar o inglés para falar do mundo que nos rodea e aprender
a coidalo. 🌎💙
💭 Pregunta para pensar: Que accións poderías facer na
túa vida diaria para reducir o impacto ambiental? Prepara unha resposta en
inglés! 🔄♻️
Ready, Celtic Crew? Let’s go! 🚀
PD. Tomorrow i'll give it to you printed.. Bye!
O 6 de marzo, un policía
acudiu ao CPR Santa Cristina para ofrecer unha charla ao alumnado de 6º de
primaria sobre os perigos do uso inadecuado de internet.
Durante a sesión, explicou que
a rede pode ser unha ferramenta moi útil, pero que tamén implica riscos se non
se emprega con responsabilidade. Advertiu
sobre a adicción ás pantallas, que pode afectar o rendemento académico e a vida
social dos nenos e nenas. Tamén abordou os retos virais perigosos, que en
ocasións teñen consecuencias graves, mesmo fatais, polo que é fundamental
informarse antes de participar neles.
Outro
dos temas tratados foi o impacto dos videoxogos, subliñando a importancia dun
uso moderado e da supervisión por parte das familias. Por último, destacou os
perigos das redes sociais e dos chats en liña, lembrando que nunca se deben
compartir contrasinais nin falar con descoñecidos.
Esta
charla resultou moi útil para o alumnado, xa que lles permitiu comprender
mellor os riscos de internet e aprender a protexerse na rede.
Chegamos ao último impulso do
trimestre! A maior parte do traballo xa está feito, pero agora toca rematar
todo o que quedase pendente. Se aínda tedes tarefas por entregar, como algunhas
biografías ou narrativas, este é o momento de facelo.
Agora é fundamental centrarnos na
elaboración das noticias. Xa tedes unha autoinstrucción desde hai máis
de dúas semanas, falamos das fake news e doutros aspectos importantes,
así que chegou a hora de poñer en práctica o aprendido. Facede tantas
noticias como poidades! 📰✍️
Tamén estamos a repasar os temas de Ciencias
Naturais e Sociais: 🔹 Sociais: o relevo
🔹 Naturais: a saúde e o corpo humano (que xa traballamos
no primeiro trimestre)
📆 Lembrade as datas
clave: ✅ Martes 11 → Exame de Matemáticas
✅ Mércores 12 → Reto das
noticias en Lingua Galega
✅ Xoves 13 → Reto do refrito de
Naturais e Sociais
Ánimo a todos e
todas! 💪🔥
O
luns comezamos a semana inaugurando o Meco, levando un zapato de cada cor,
aínda que algún trouxo calcetíns de cada cor. Neste día tamén arrincamos co
temario de Socias do Ecopreguntoiro e repasamos Lingua Castelá para o exame que
nos esperaba ao día seguinte e, déronnos as notas da proba que fixemos de
Matemáticas.
O
martes, tivemos o esperado control de Lingua Castelá e seguimos coas ordes do
Meco, que este día indicábanos levar un peiteado diferente e orixinal. E
Candela volveunos a preguntar a nosa pegada ecolóxica e levámonos unha alegría
xa que, melloramos!!! Como se nota que cada vez apreciamos máis o
medioambiente!
O
mércores levamos o noso pixama ao cole polo Meco. Foi moi divertido!!!
Disfrutamos un montón e avanzamos co temario de Sociais cunha clase da
compañeira Candela que nos falou sobre o relevo español e profundizamos no tema
do relevo peninsular e o de os arquipélagos. Tamén disfrutamos dunha clase de
baloncesto en pixama.
O
xoves viñemos de blanco ao colexio para disfrazarnos de Merdeiros, un persoaxe
vigués característico do Entroido galego. Desfilamos alegremente coa comparsa
polas rúas do Calvario mentres que tocamos a nosa canción cunhas percusións
recicladas e asistimos á clase de Nora e Antía de naturais nas que nos
explicaron un montón de datos curiosos.Ademáis, Candela (a alumna) deunos unha
clase para prepararnos para o concurso Ecopreguntoiro.
O
venres tivemos festa rachada.