viernes, 21 de febrero de 2025

O resumo da semana, dende o 17 de febreiro ao 21 de febreiro.

 

Resumo da Semana da Celtic Crew

Bos días! Somos Lucía, Sara e Luck, e queremos compartir convosco o resumo da nosa semana na clase Celtic Crew.

Luns: Comezamos a semana cun concurso moi especial: The Celtic Chef! Cada un de nós tivo que expoñer e cociñar un prato típico dun país, pero con dúas condicións: debía axustarse a unha dieta específica e superar un pequeno hándicap. Foi unha actividade divertida e desafiante, onde aprendemos moito sobre gastronomía e adaptación de receitas.

Martes: Algunhas persoas da nosa aula fixeron a recuperación do exame de matemáticas. Ademais, asistimos a unha charla moi interesante sobre os impostos en España, onde comprendemos mellor como funcionan e para que serven os tributos que pagamos. Non é maxia, son os teus impostos...

Mércores: En inglés tivemos un gran reto: 66 apartados que puxeron a proba os nosos coñecementos e habilidades na materia. Un auténtico desafío que nos fixo traballar e poñer en práctica as nosas capacidades.

Xoves: Foi un día de aprendizaxe e exposicións. Algunhas compañeiras e compañeiros presentaron os seus libros favoritos, compartindo historias e recomendacións de lectura. Ademais, Nora sorprendeunos cunha exposición sobre o valor dos obxectos, facéndonos reflexionar sobre a súa importancia máis alá do material. Tamén falamos sobre as fake news e como identificalas, aprendendo a recoñecer información falsa nos medios de comunicación.

Venres: Iniciamos o Ecopreguntoiro, relacionado co tema 2 de Ciencias Sociais. A continuación, varios compañeiros e compañeiras entregaron as narrativas de lingua galega. En educación física, gozamos dun tempo de xogo libre, onde tivemos a liberdade de escoller entre fútbol, baloncesto e outras opcións. Ao final da xornada, aqueles que non remataron o traballo de plástica levárono para casa. Como broche final, tivemos unha charla sobre Rosalía de Castro, na que aprendemos máis sobre a súa vida e obra. Seguimos destapando fakes e falamos da operación de falsa bandeira, dos casus belli ou detonantes da guerra e de como USA lle quitou Cuba a España en base a unha fake news propagada polo xornalista Pulitzer, entre outros. Coñecemos a canle de YouTube chamada Lo que no te cuentan los libros de historia e aproveitamos tamén para informar da importancia das NARRATIVAS e de como imos ter que tomar os nosos propios apuntamentos para o traballo do seguinte tema de naturais e sociais, así que toca poñerse as pilas.

Boa finde e a seguir hunting fake news!



lunes, 17 de febrero de 2025

O Celtic Chef 2025: Un banquete de talento e creatividade

 

Non hai palabras que poidan expresar o orgullo que sinto por todos os participantes do Celtic Chef. O evento foi moito máis que un concurso de cociña: foi unha mostra de traballo en equipo, creatividade, capacidade de adaptación e deportividade. Ver a toda a rapazada implicada, defendendo os seus pratos con paixón e con ese toque persoal que fai única a nosa tripulación celta, foi sinxelamente espectacular.

Un agradecemento especial para Xabier, de 5º de primaria, quen exerceu como presidente do xurado con moita seriedade e compromiso. Tamén queremos recoñecer a Fins, que representou ás familias no xurado e aportou a súa visión culinaria, así como á nosa directora Sabela, que axudou nas labouras de produción, e á profe Candela, sempre disposta a botar unha man para que todo saíse perfecto. Sen vós, este evento non tería sido o éxito que foi.

E por suposto, grazas a todas as familias, que colaborastes e vos implicastes dun xeito incrible. A vosa axuda e apoio fan posible que experiencias coma esta sexan inesquecibles para os nenos e nenas.

Pero o máis importante: aquí non había perdedores. Só con participar e presentar o voso traballo, xa erades gañadores. E podo prometer que non houbo un só prato que non estivese á altura da gala. O xurado marchou co bandullo cheo e coa sensación de que cada equipo deu o mellor de si. Todos fostes capaces de adaptardes os vosos pratos ao país escollido, ás dietas específicas e aos diferentes desafíos, mantendo sempre un espírito deportivo e colaborativo.

Tamén quero destacar como xa ides collendo táboas para falar en público, como soubestes vender e defender os vosos pratos diante do xurado, tanto coas vosas producións en vídeo coma respondendo en directo ás preguntas. Esa seguridade, ese esforzo e esa confianza en vós mesmos son aprendizaxes que van moito máis alá da cociña.

Para futuras edicións, deixamos a semente dunha nova idea: a próxima será de tarde... e queremos ver ás familias coas mans na masa! 

Para pechar, déixovos unha frase de Vygotsky que resume á perfección o espírito do Celtic Chef:

"O verdadeiro desenvolvemento do ser humano prodúcese a través da interacción coa comunidade que o rodea.”

Grazas, Celtics! Xa estamos desexando a próxima edición. 

Imagen que contiene tabla, cama, cubierto, comida

El contenido generado por IA puede ser incorrecto.Un grupo de personas posando para la cámara con una chaqueta negra

El contenido generado por IA puede ser incorrecto.Grupo de personas de pie

El contenido generado por IA puede ser incorrecto.Grupo de personas alrededor de una mesa

El contenido generado por IA puede ser incorrecto.

Un grupo de personas sentadas alrededor de mesa con pastel

El contenido generado por IA puede ser incorrecto.Un grupo de personas en un salón

El contenido generado por IA puede ser incorrecto.Un grupo de personas en una cama

El contenido generado por IA puede ser incorrecto.Un grupo de personas en una sala

El contenido generado por IA puede ser incorrecto.Personas sentadas en una mesa

El contenido generado por IA puede ser incorrecto.