miércoles, 4 de diciembre de 2024

Resumo semanal (semana 2-6 de decembro)

 

Resumo semanal da clase The Celtic Crew

A semana comezou forte, o luns, cun exame de galego. Todos sabíamos que ía ser un gran día, xa que celebramos o Día contra a Violencia Machista, no que fixemos unha cadea humana e cantamos a canción "Ama, ama y ensancha el alma". Tamén expuxemos o mural que creamos na nosa clase.

O martes iniciamos aprendendo dúas cousas novas: en lingua galega traballamos os pronomes persoais, mentres que en inglés centramos a nosa atención na celebración do Thanksgiving.

O mércores, realizamos ximnasia acrobática, onde nos divertimos moito, e tamén ensaiamos a obra que poderedes disfrutar o vindeiro xoves, 19 de decembro.

O xoves celebramos oficialmente a Acción de Grazas. Agora, xa sabemos algo máis sobre esta festividade. Ademais, recibimos un boletín con tarefas e resumos para as próximas probas.

Finalmente, o venres foi un día máis relaxado. Rematamos os bonecos de plástica e falamos sobre moitas cousas interesantes que compartimos entre todos.

Foi unha semana chea de aprendizaxes e actividades divertidas para The Celtic Crew.