miércoles, 9 de abril de 2025

Resumo da semana (31marzo-4 abril)

 

Resumo da semana

Feito por Bayan, Luciana e Uxía

Esta semana foi moi completa e chea de actividades divertidas e interesantes. Aquí vos deixamos un resumo de todo o que fixemos día a día:

 Luns

Comezamos a semana cunha sesión de fotos do grupo e tamén fixemos fotos individuais. Ademais, en Matemáticas xogamos ao bingo das divisións, no que houbo premio tanto para quen fixo liña como para quen fixo bingo. Pasámolo xenial!

 Martes

Rematamos as fotos individuais e fixemos un control de cálculo de Matemáticas. Tocou concentrarse e poñer en práctica todo o aprendido.

 Mércores

En Lingua fixemos o reto de Galego e, en Educación Física, falamos sobre a GYMKANA, comezamos a practicar balonmán e tamén fixemos a enquisa de Lucía sobre Psicopatoloxía.

 Xoves

Dedicamos tres horas a Sociais, nas que estivemos traballando moito, e tamén preparamos todo o necesario para a GYMKANA do día seguinte. Foi un día intenso, pero moi produtivo!

 Venres

Chegou o gran día da GYMKANA, que foi un auténtico éxito. Conseguimos moito diñeiro e os nenos e nenas de Primaria pasárono moi ben. Foi un día cheo de xogos, risas e diversión!

 

Foi unha semana moi completa e estamos orgullosos/as do traballo feito. Xa estamos con ganas da próxima!