martes, 26 de marzo de 2024

COÑECEMOS ALLARIZ

O martes, 6 de marzo,  fomos de excursión a Allariz, un municipio da provincia de Ourense considerada unha xoia medieval na ribeira do río Arnoia. 

Visitamos o museo do coiro, dimos unha volta pola vila  e, o resto do día, nos divertimos cos nosos compañeiros. 





DÍA DA POESÍA

 Celebramos o día da poesía cunha serie de actuacións dos alumnos de primaria: recitamos poesías de Gloria Fuertes, Antonio Machado… na nosa clase preparamos dúas pequenas obras de teatro que gustaron moito. 

Pasámolo moi ben!




ROSALÍA DE CASTR0

 

No mes de febreiro, o alumnado realizou unha serie de colaxes e de poesías sobre Rosalía de Castro para achegarse á súa figura e á súa produción poética.

Con estas producións puxeron de manifesto a súa creatividade artística e renderon unha homenaxe á autora compostelá.

Co obxectivo de vincular a nosa lingua cos aspectos lúdicos e a creatividade, os alumnos crearon caligramas en lingua galega con estractos da creación literaria de Rosalía, así como distintas composicións artísticas.




O ENTROIDO

 

Do 5 ao 9 de febreiro celebramos o Entroido, seguindo as ordes do Meco que coas súas estrofas e rimas mandou ao alumnado vestirse con determinadas prendas e complementos.

 O día 8 de febreiro, o alumnado de 2º da ESO vestíronse de cigarróns e sairon acompañando á comparsa do colexio polas rúas do Calvario. A temática da comparsa foi “Os xogos olímpicos”.

O 9 de febreiro celebramos a festividade no colexio e para rematar tivemos un concurso de disfraces con premio para cada unha das etapas educativas, tanto de forma individual como grupal.













DÍA DA PAZ

O  martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz.  Realizamos un mural con candeas que representan a Paz  e participamos na carreira solidaria en colaboración con “Save the children “. 

Grazas a todos/as pola vosa colaboración.