Resumo semanal da clase The Celtic Crew
A
semana comezou forte, o luns, cun exame de galego. Todos
sabíamos que ía ser un gran día, xa que celebramos o Día contra a Violencia
Machista, no que fixemos unha cadea humana e cantamos a canción "Ama, ama
y ensancha el alma". Tamén expuxemos o mural que creamos na nosa clase.
O martes iniciamos aprendendo
dúas cousas novas: en lingua galega traballamos os pronomes persoais, mentres
que en inglés centramos a nosa atención na celebración do Thanksgiving.
O
mércores, realizamos ximnasia acrobática, onde nos divertimos moito, e tamén
ensaiamos a obra que poderedes disfrutar o vindeiro xoves, 19 de decembro.
O xoves celebramos
oficialmente a Acción de Grazas. Agora, xa
sabemos algo máis sobre esta festividade. Ademais, recibimos un boletín con
tarefas e resumos para as próximas probas.
Finalmente,
o venres foi un día máis relaxado. Rematamos os bonecos de plástica e falamos
sobre moitas cousas interesantes que compartimos entre todos.
Foi
unha semana chea de aprendizaxes e actividades divertidas para The Celtic Crew.

No hay comentarios:
Publicar un comentario