Temos
por diante unha serie de tarefas importantes, así que imos organizarnos ben
para chegar con seguridade e confianza a cada unha delas. Aquí vos deixo as
datas clave:
- 11 de febreiro –
Exame de verbos de Lingua Castelá
👉 Tempo verbal arriba, tempo verbal abaixo, hai que practicalos ben! - 14 de febreiro –
Exame de Galego (Unidades 5 e 6)
👉 Xa tedes o resumo feito, agora toca traballalo, desenvolvelo un pouco e revisalo varias veces antes do exame. - 17 de febreiro – Celtic Chef, ou Entrega do traballo alternativo ao Celtic Chef para os e as que non participan no concurso.
👉 Investigade sobre a gastronomía dun país, a súa dieta e os posibles hándicaps alimentarios. Podedes presentar un mural ou unha presentación. Os do concurso lembrade, importante ter ben cuberto o papel coa investigación e o vídeo que non supere os 3 minutos para que dea tempo. - 19 de febreiro – Reto de Inglés (Unit 3)
👉 Importante repasar ben o vocabulario, a gramática e a comprensión da unidade. Nada distinto do que facemos na clase, intentade comunicar.
Como
prepararnos mellor?
✔️
Ter unha rutina de estudo e non deixar todo para última hora.
✔️
Ir revisando os contidos cada día, sobre todo os exames máis próximos.
✔️
Participar activamente na clase e preguntar as dúbidas.
✔️
Practicar galego e inglés tanto por escrito como en voz alta. Estou contento con como van as interviews, xa se nota unha mellora..
✔️
Aproveitar o resumo de galego e desenvolvelo pouco a pouco.
O
importante é organizarse ben e non perder o ritmo. Algúns xa vos destes conta
do útil que foi o resumo, a narrativa para o reto de Naturais e Sociais… ups, dixen reto? Si, quixen
dicir RETO. 😏
Imos
con todo, equipo! 🔥💪 #TheCelticCrew #ImosAporIsto #PreparadosParaGañar #NonHaiEscusas #BoaFinde #HalaCelta 💙🤍
No hay comentarios:
Publicar un comentario