jueves, 6 de marzo de 2025

Resumo semanal do 24 ao 28 de febreiro


O luns comezamos a semana inaugurando o Meco, levando un zapato de cada cor, aínda que algún trouxo calcetíns de cada cor. Neste día tamén arrincamos co temario de Socias do Ecopreguntoiro e repasamos Lingua Castelá para o exame que nos esperaba ao día seguinte e, déronnos as notas da proba que fixemos de Matemáticas.

O martes, tivemos o esperado control de Lingua Castelá e seguimos coas ordes do Meco, que este día indicábanos levar un peiteado diferente e orixinal. E Candela volveunos a preguntar a nosa pegada ecolóxica e levámonos unha alegría xa que, melloramos!!! Como se nota que cada vez apreciamos máis o medioambiente!

O mércores levamos o noso pixama ao cole polo Meco. Foi moi divertido!!!  Disfrutamos un montón e avanzamos co temario de Sociais cunha clase da compañeira Candela que nos falou sobre o relevo español e profundizamos no tema do relevo peninsular e o de os arquipélagos. Tamén disfrutamos dunha clase de baloncesto en pixama.

O xoves viñemos de blanco ao colexio para disfrazarnos de Merdeiros, un persoaxe vigués característico do Entroido galego. Desfilamos alegremente coa comparsa polas rúas do Calvario mentres que tocamos a nosa canción cunhas percusións recicladas e asistimos á clase de Nora e Antía de naturais nas que nos explicaron un montón de datos curiosos.Ademáis, Candela (a alumna) deunos unha clase para prepararnos para o concurso Ecopreguntoiro.

O venres tivemos festa rachada.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario