Chegamos ao último impulso do
trimestre! A maior parte do traballo xa está feito, pero agora toca rematar
todo o que quedase pendente. Se aínda tedes tarefas por entregar, como algunhas
biografías ou narrativas, este é o momento de facelo.
Agora é fundamental centrarnos na
elaboración das noticias. Xa tedes unha autoinstrucción desde hai máis
de dúas semanas, falamos das fake news e doutros aspectos importantes,
así que chegou a hora de poñer en práctica o aprendido. Facede tantas
noticias como poidades! 📰✍️
Tamén estamos a repasar os temas de Ciencias
Naturais e Sociais: 🔹 Sociais: o relevo
🔹 Naturais: a saúde e o corpo humano (que xa traballamos
no primeiro trimestre)
📆 Lembrade as datas
clave: ✅ Martes 11 → Exame de Matemáticas
✅ Mércores 12 → Reto das
noticias en Lingua Galega
✅ Xoves 13 → Reto do refrito de
Naturais e Sociais
Ánimo a todos e
todas! 💪🔥

No hay comentarios:
Publicar un comentario