Resumo da
semana
Feito por
Bayan, Luciana e Uxía
Esta semana foi moi
completa e chea de actividades divertidas e interesantes. Aquí vos deixamos un
resumo de todo o que fixemos día a día:
Luns
Comezamos a semana
cunha sesión de fotos do grupo e tamén fixemos fotos individuais. Ademais, en
Matemáticas xogamos ao bingo das divisións, no que houbo premio tanto
para quen fixo liña como para quen fixo bingo. Pasámolo xenial!
Martes
Rematamos as fotos
individuais e fixemos un control de cálculo de Matemáticas. Tocou
concentrarse e poñer en práctica todo o aprendido.
Mércores
En Lingua fixemos o reto
de Galego e, en Educación Física, falamos sobre a GYMKANA, comezamos
a practicar balonmán e tamén fixemos a enquisa de Lucía sobre Psicopatoloxía.
Xoves
Dedicamos tres
horas a Sociais, nas que estivemos traballando moito, e tamén preparamos
todo o necesario para a GYMKANA do día seguinte. Foi un día intenso,
pero moi produtivo!
Venres
Chegou o gran día da GYMKANA,
que foi un auténtico éxito. Conseguimos moito diñeiro e os nenos e nenas
de Primaria pasárono moi ben. Foi un día cheo de xogos, risas e
diversión!
Foi unha semana moi
completa e estamos orgullosos/as do traballo feito. Xa estamos con ganas da
próxima!

No hay comentarios:
Publicar un comentario