Semana de actividades en Celtic Crew
Esta semana na nosa clase, Celtic Crew, foi superentretenida e chea
de novas experiencias! O luns regresamos con moitas gañas de ver aos
nosos compañeiros despois da fin de semana. O día comezou cunha actividade
importante: fixemos a elección dos representantes que irán ao Ecopreguntoiro
para representar ao cole. Os elixidos foron Candela, Nora, Lucas, Antía e Carmen. Todos están moi
emocionados de formar parte deste equipo tan especial!
O martes tivemos unha proba de matemáticas, que foi sinxela para
algúns, pero un pouco máis difícil para outros. De todas maneiras, todos
fixeron o seu mellor traballo e demostraron moita concentración.
O mércores, tivemos unha visita especial: as chicas de STEAM
viñeron á nosa clase para realizar diversas actividades. Dividíronnos en dous
grupos, un de nenos e outro de nenas, e cada un fixo tarefas diferentes. Foi
unha experiencia divertida e educativa! E sen estereotipos!
O xoves, falamos sobre cambiar algúns eventos programados.
Decidimos que o luns 17 teremos o Celtic Chef, onde todos
demostraremos as nosas habilidades culinarias, e o mércores 19
celebramos o English Challenge, unha actividade para pornos a proba.
E para rematar a semana, o venres empezamos a unidade de Sociais,
aprendendo moitas cousas novas sobre historia e cultura. Despois, fixemos moitas outras actividades. Foi un venres activo e cheo
de risas!
Este foi un resumo da nosa semana.

No hay comentarios:
Publicar un comentario