martes, 25 de marzo de 2025

Resumo semanal 17m/21m

 

Benvidos ao resumo desta semana tan intensa: o luns comezamos dándolle a Infante as nosas reportaxes e biografías. Este mesmo día celebramos Saint Patrick’s day e fabricamos unhas preciosas máscaras de leprecauns, chapeus e ata un photocall, tamén coñecimos a súa interesante historia.

O martes demos por comezada a nova unidade de inglés e Infante deunos unha charla sobre a serendipia e de onde veu.

O mércores entregaron os exames de lengua e puxemos rumbo ao IFEVI para xogar con outros colexios ao voley.

O xoves comezamos a mañá dando clase e non foi ata a terceira hora cando organizamos a gymkanas e coñecimos que o xoves era o día da felicidade, e foi nese instante cando apareceu Pablo, un policía local que nos deu unha charla sobre a educacion viaria e nos deu uns bos consellos de vida e continuamos con matemáticas.

Por último, o venres veu Rocío, unha moza das actividades sociais que nos ensinou como afrontar un conflito. En E.F. comezamos o ténis callexeiro e Luisa plantexounos o próximo proxectos, despois do recreo dimos mates e música e antes de sair tódolos nenos estaban ansiosos xa que publicaban as notas.

Feito por Nora e Uxía



No hay comentarios:

Publicar un comentario