¡Hola a todos! Onte tivemos unha experiencia xenial grazas ao
programa Xogade, da Xunta de Galicia.
Participamos nunha xornada con moitos outros colexios e
fixemos un montón de actividades deportivas, e o máis importante, convivimos,
coñecemos xente nova e traballamos en equipo.
Aprendemos que o deporte non só é correr ou gañar, senón
tamén compartir, animar e dar o mellor de nós mesmos.
Seguiremos adestrando, xogando e convivindo… porque así
tamén se aprende!
— A nosa tripulación de 6º, A Celtic Crew

No hay comentarios:
Publicar un comentario