martes, 18 de marzo de 2025

Resumo semanal 7- 14 marzo

 

Foi unha semana moi intensa, chea de exames para rematar o trimestre.

O xoves, volvemos das vacacións do Entroido, cunha visita inesperada dun policía chamado Antonio, falounos da importancia do bo uso da tecnoloxía, ensinándonos casos extremos de persoas que fixeron un mal uso da Internet. Tamén viñeron (outra vez) as chicas da STEAM. E rematamos cunha  interesante clase sobre a costa da compañeira Candela.

O venres, Lucas R deunos a súa clase de Sociais que foi unha das últimas. Despois o mestre Dani e a súa compañeira en prácticas, Sara ensináronnos un baile tradicional e, bailámolo alegremente.

O luns foi un día moi tranquilo, xa que Nora e Antía, nos deron a súa clase final, e fixemos un repaso da unidade 6 de matemáticas.

O martes Lucas R explicou outra clase para o ECOpreguntoiro e ademáis, sucedeu un conflito na clase e solucionámolo facendo unha charla sobre o respecto. Tamén  realizamos o esperado exame de Matemáticas.

O mércores comezamos preparando o exame do ECOpreguntoiro sobre Natu e Soci e tivemos o exame, (perdón, reto) de Lingua Galega.

O xoves unha muller chamada María traballou con nós o como nos vemos e o como nos ve  a xente. Rematamos recibindo as notas dos exames de mates e lingua.

O venres veu (outra vez)  María, a dar unha sesión sobre as nosas habilidades sociales, na que traballamos a autoestima e as emocións. E ademais en Educación Física xogamos a partidos de voleyball.

Candela e Abi



No hay comentarios:

Publicar un comentario